lunes, 29 de junio de 2015

XESÚS RÁBADE PAREDES [16.388]



Xesús RÁBADE PAREDES 

(Seixas-Cospeito-Lugo, 1949). Catedrático de Lengua y Literatura. Poeta, narrador, ensayista, articulista, Miembro del colectivo de renovación poética Cravo Fondo (1977). Participó en numerosas obras colectivas, tanto en poesía como en narrativa, y fue traducido a varias lenguas. 

Obra

Poesía

Xuntos cara ó mañán, 1969, Celta, Lugo.
Matria de sombra, 1985, Pliegos de Mineral (Huelva), segunda edición en 1987 en Sotelo Blanco.
Poldros de música, 1993, Sociedade Cultural Valle-Inclán.
Os dedos dos loureiros, 2000, Deputación da Coruña.
Os anos da memoria, 2006, Espiral Maior.
Lugar do canto (Selección poética bilingüe, 1969-2007), 2008, Litoral das Rías, colección Hipocampo amigo, Madrid. A selección e tradución é do propio autor.
Sobre ruínas, 2013, Alvarellos.

Narrativa

A terra prometida, 1975, Akal. Segunda edición en 1990 en Galaxia. ISBN 978-84-7154-714-9.
Saraverde, 1987, Galaxia. ISBN 978-84-7154-582-4.
A palabra secreta, 1989, Galaxia. ISBN 978-84-7154-657-9.
Branca de Loboso, 1991, Galaxia. Publicada no 2002 en La Voz de Galicia.
O viaxeiro invisible, 1992, Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, Vigo.
As sombras do barroco, 1994, Galaxia. ISBN 978-84-7154-923-5.
Como levar un morto, 2002, Sotelo Blanco.
Mentres a herba medra, 2007, Galaxia. ISBN 978-84-7154-138-3.

Ensaio

Recuperar a voz, 1991, Edicións do Cumio.
Neira Vilas e 'Xente no rodicio', 1992, Galaxia.
Unha lectura de Os outros feirantes, de Álvaro Cunqueiro, 1998, Xerais.
A vida de Manuel Murguía, 2000, Galaxia. ISBN 978-84-8288-358-8.

Edicións

Escolma poética, de Ramón Cabanillas, 2002, PEN Clube de Galicia.
Trece poemas galegos e outras páxinas, de Gregorio San Juan, 2006, Litoral das Rías, colección Hipocampo amigo.
Mesteres, de Arcadio López-Casanova, 2010, Cátedra, Madrid. Tamén é autor da tradución nesta edición bilingüe.

Traducións

Los oscuros sueños de Clío, de Carlos Casares, 1994, Alfaguara, Madrid. Do galego ao castelán.
La poesía erótico-amorosa en el Egipto faraónico, 1995, Sociedade de Cultura Valle-Inclán. Versión galega e nota introdutoria.
Mazurca para dous mortos, de Camilo José Cela, 1999, Xunta de Galicia.

Obras colectivas

Obras con Helena Villar Janeiro

Símbolos de Galicia. A bandeira, o escudo e o himno, 1979, Patronato Rosalía de Castro. Edición corrixida no 2008 a cargo da Fundación Rosalía de Castro. Para nenos.
Lección conmemorativa sobre Rosalía de Castro, 1980, Patronato Rosalía de Castro. Para nenos.
Morrer en Vilaquinte, 1980, Universidade de Santiago de Compostela. Reeditado en 1992 pola Editorial Compostela. Narrativa.
O sangue na paisaxe, 1980, Edicións do Cerne. Poesía.
No aló de nós, 1981, Universidade de Santiago de Compostela. Poesía.
Viaxe e fin de don Frontán, de Rafael Dieste, 1982, Edicións do Castro. Tradución.
Contos de nós e da xente, 1983, S. M. Literatura infanto-xuvenil.
Cantan os nenos (O libro de María), 1984, Xunta de Galicia. Cancións para nenos.
Cabeleira de pedra, 1993, Consorcio da Cidade de Santiago, con tradución multilingüe. Reeditado en 2004. Poesía.
Eduardo Blanco Amor con Auria ó fondo, 1993, Xunta de Galicia.
Símbolos de Galicia, con vídeo, 1993, Ophiusa.
Poemas, de Rosalía de Castro, 2002, Fundación Rosalía de Castro. Tradución en antoloxía bilingüe.
Dona e Don, 2004, Galaxia. Literatura infanto-xuvenil.
Follas Novas/Hojas Nuevas, de Rosalía de Castro, 2004, Fundación Rosalía de Castro. Tradución en antoloxía bilingüe.
Versos a Compostela, de Rosalía de Castro, 2008 Consorcio de Santiago/Alvarellos. Tradución.

Outras obras colectivas

Os novísimos da poesía galega, 1973, Akal. Poesía.
Chile en el corazón/ Xile al cor/ Chile no corazón/ Txile bihotzean. Homenaje a Pablo Neruda, 1975, Península, Barcelona. Poesía.
Cravo fondo, 1977, Follas Novas Edicións. Poesía.
Antoloxía de poesía galega. Do posmodernismo aos novos, 1980, Galaxia.
Escolma da poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco. Edición de Xosé Lois García.
Literatura Século XX. Iniciación universitaria, 1985, Galaxia. Con María Victoria Moreno.
Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole, 1986, Concello de Lugo.
12 anos na búsqueda da nosa identidade, 1990, Xermolos. Ensaio.
Noiva azul, en Contos eróticos/Eles, 1990, Xerais. Narrativa.
Alba de auga, en O relato breve. Escolma dunha década (1980-1990), 1990, Galaxia. Relato.
Proceso a don Nemesio Lapinio Tecedor, en Contos da xustiza, 1991, Ir Indo. Relato.
Homenaxe a Ramón Piñeiro, 1991, Fundación Caixa Galicia.
Polos camiños da literatura: escritores galegos do PEN, 1993, Xunta de Galicia/PEN Clube.
Sempre no Camiño, 1993, Hércules/Xacobeo. Poesía.
Voces en Compostela, 1993, Consorcio da Cidade de Santiago. Narrativa.
Didáctica da lingua en situacións de contacto lingüístico, 1994, Universidade de Santiago de Compostela. Ensaio.
Premios de poesía e novela curta Concello de Marín, 1995, Concello de Marín. Narrativa.
Berra liberdade, 1996, Galaxia. Relato.
Letras galegas 1998. As ermidas e o mar, 1998, Xunta de Galicia. Poesía.
Congreso Literatura Galega e do Norte de Portugal, 2001, Xunta de Galicia. Ensaio.
Congreso sobre Avilés de Taramancos, 2001, Xunta de Galicia. Ensaio.
Congreso sobre Castelao, 2001, Xunta de Galicia. Ensaio.
Xornadas sobre Manuel Antonio, 2001, Xunta de Galicia. Ensaio.
A poesía é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia. Poesía.
25 anos de poesía galega. 1975-2000, 2002, La Voz de Galicia. Poesía.
Francisco Fernández del Riego, 2002, Fundación Premios da Crítica. Poesía.
O libro dos abanos, 2002, Follas Novas. Poesía.
O trazo aberto. Poesías e debuxos, 2002, Deputación de Pontevedra. Poesía.
Carlos Casares. A semente aquecida da palabra, 2003, Consello da Cultura Galega. Poesía.
Homenaxe poética ao trobador Xohán de Requeixo, 2003, Poesía Frouseira, Barcelona. Poesía.
Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney. Poesía.
Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais. Narrativa.
Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior. Poesía.
23 poetas galegos cantan a don Antonio Machado, 2004, Hipocampo. Poesía.
Retrincos de Vilalba e dos vilalbeses, 2005, Instituto de Estudos Chairegos. Poesía.
37 poemas por man propia, 2006, Colección Bourel. Poesía.
Palavras de vento e de pedra, 2006, Município de Fundão, Portugal. Poesía.
Poemas pola memoria (1936-2006), 2006, Xunta de Galicia. Poesía.
Poetas con Rosalía, 2006, Fundación Rosalía de Castro. Poesía.
Voces na materia, 2006, A. C. Barbantia. Poesía.
VI Encontro Internacional de Poetas, 2007, Universidade de Coimbra. Poesía.
Poetas en Lugo, 2007, Concello de Lugo. Poesía.
Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
Xosé Chao Rego: renacer galego. (Actas do Simposio-Homenaxe), 2010, Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas. Poesía.
Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario (1912-2012), 2012. Poesía.
A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos. Poesía.
Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, 2013, Toxosoutos. Poesía.
Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón. Poesía.
150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, [libro electrónico]). Poesía.

Bibliografía sobre o autor

Labras do oficio. Xesús Rábade Paredes ante 33 miradas, 2008, Fundación Manuel María.

Premios

Premio Patronato Rosalía de Castro para Mestres e Pedagogos en 1979, pola obra en común con Helena Villar Janeiro Símbolos de Galicia. A bandeira, o escudo e o himno.
Premio Galicia de Narrativa da Universidade de Santiago no 1980, por obra en común con Helena Villar Janeiro, por Morrer en Vilaquinte.
Premio Galicia da Universidade de Santiago no 1981, por obra en común con Helena Villar Janeiro, por No aló de nós.[Cómpre referencia]
Premio Manuel Antonio no 1981, por obra en común con Helena Villar Janeiro, por O sangue na paisaxe.
Premio Álvaro Cunqueiro de narrativa no 1991, por Branca de Loboso.
Premio Esquío de poesía no 1993, por Poldros de música.
Accésit do Premio Miguel González Garcés de poesía no 1999, por Os dedos dos loureiros.
Finalista do Premio Lueiro Rey no 2002, por Como levar un morto.
Premio Blanco Amor de novela longa no 2007, por Mentres a herba medra [2].
Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de poesía de 2013, por Sobre ruínas.
Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor Libro de poesía ou teatro de 2013, por Sobre ruínas.



Palabra alzada en armas

Poeta, ten cuidado con ciertos diccionarios
que alteran y adulteran las palabras
dándoles distinción o proscribiéndolas,
expidiendo etiquetas, rangos y jerarquías
como hacen con la vida.
Son los que privilegian el acervo del amo
y quieren consagrar la asepsia lírica
podando alas al vocabulario.
Verbigracia, separaron las élites
del género común
y el glamour de mansiones y palacios
del humano sudor de los de abajo.
Tienden ricas alfombras
para que no se manchen los maulas impolutos,
los muy bien trajeados y tiesos señoritos,
perversores del nombre rotundo de las cosas.

Los miserables del mundo solo piden
el pan que se les niega.
No piden oración
ni opio ni sahumerio,
narcótico letal de mansedumbre.
No piden salvadores ni agresión de vampiros
enarbolando esencias patrióticas.
Has de arrancar del fondo de tu verso
condena, maldición y juramento,
poética iracundia de náusea y justo odio.

Desde que los ociosos usurparon la tierra,
está claro, poeta, el repertorio:
todo lo que repugna, hiere y duele
es principal materia de tu canto.
Poderes suntuosos,
purpurados sebosos,
banqueros codiciosos,
trileros, usureros,
ladrones y rateros, sanguinarios
traficantes de esclavos...

Hollando los despojos del naufragio,
aran los yates y los jet privados,
nuevos Atilas arrasando Europa,
puercos cebados, avariciosos, grasos,
mulas de ejecutivos lardosos y sedientos
de brillo y capital
escupiendo en la tumba de los muertos.

Porque es posible una vida menos triste
donde el pan se comparta...
Porque sueñas un mundo con más niños,
más aire y menos miedo,
has de afinar, poeta, la fuerza de tus armas,
las palabras más duras, precisas y violentas
que hay en tu diccionario,
bien elegidas, claras y rotundas,
liberadas de chulos
que prostituyen todo cuanto tocan.
Has de lanzar la voz con pulso firme
al centro de la púrpura
que trafica con dios, con el dinero
y apaga las conciencias.
Has de apuntar a la blindada cúpula
de ladrones impunes, redomados
capos de las finanzas;
a dóciles ministros, disfrazados
de lacayos de banca vergonzantes,
y a gobiernos rendidos que autorizan la estafa,
que desahucian al pueblo que les paga,
a quienes tan bien paga, aplaude y vota.


Palabra alzada en armas 

Poeta, has de ter tino con certos dicionarios 
que alteran e adulteran as palabras, 
dándolles distinción ou proscribíndoas, 
expedindo etiquetas, rangos e xerarquías 
como adoitan na vida. 
Son os que privilexian o léxico dos amos  
e queren consagrar a asepsia lírica  
podando as alas do vocabulario.  
Verbigracia, separan as elites 
do xénero común  e o requintado aroma de salóns e palacios 
da suor e do alento dos de abaixo.
Tenden ricas alfombras 
para que non se lixen os maulas impolutos, 
os moi ben traxeados e tesos señoritos, 
perversores do nome verdadeiro das cousas. 

Os miserables do mundo só demandan  
o pan que se lles nega. 
Non piden oración 
nin opio nin saumerio,  
narcótico letal da mansedume.  
Non piden salvadores vampiros que os agredan  
enarborando esencias patrióticas. 
Has de arrancar do fondo do teu verso  
condena, maldición e xuramento, 
poética iracundia de noxo e xusto odio. 

Desde que os violentos usurparon a terra, 
está claro, poeta, o repertorio: 
todo o que escandaliza, fere e doe 
é principal materia do teu canto. 
Poderes suntuosos, 
purpurados sebosos,  
banqueiros cobizosos, 
logreiros, usureiros, ladróns e raspiñeiros, sanguinarios  
mercadeiros de escravos...  

E tripando os
despoxos do naufraxio  
runfan os iates e os jet privados,  
novos Atilas arrasando Europa, 
porcos cebados graxentos, avarentos,  
mulas de executivos lardentosos, sedentos  
de brillo e capital  
sobre os ósos dos mortos. 

Porque é posible unha vida menos triste  
na que o pan se comparta;  
porque soñas un mundo con máis nenos,  
máis aire e menos medo, 
has de apuntar, poeta, coa forza das túas armas,  
coas palabras máis duras, precisas e violentas
que hai no teu dicionario, 
ben escolmadas, claras e rotundas, 
liberadas dos chulos 
que putean e apedran canto tocan, 
has de apuntar ben firme 
ao corazón da púrpura  
que trafica con deus e co diñeiro 
e adormece as conciencias, 
á cúpula blindada dos ladróns das finanzas, 
ministros disfrazados  
de lacaios de banca vergonzantes, 
aos gobernos rendidos que protexen aos capos 
e poñen na indixencia a quen lles paga,  
a quen tan ben lles paga,
vota e aplaude.



AMOR, UNA PALABRA

Con ella te aprendí: con la palabra
vestí cada rincón de tu figura
y desvestí mi amor, cierta hermosura
que es más redonda cuanto más se labra.

Para tenerte más, y que se me abra
la profunda extensión de tu tersura,
sigo diciendo amor, cierta locura
con la que aquí te nombro: la palabra.

¿Con qué diría el tacto de tus senos?
¿Cómo el calor oscuro de tu vientre
sin las rotundas voces de tu mapa?

Combinación de mieles y venenos,
clara y sombría como todo siempre,
ella es quien te desnuda y quien te tapa.



ÉXODO

Si acaso fueses hija del país de los éxodos;
si guardas la memoria
del secular exilio de una tierra negada;
si tus progenitores ganaron el sustento
que les negó la patria
en destinos adversos y remotos;
si tal vez sucumbieron
en bodegas de barcos rumbo a América
o limpiaron la mierda capital que evacúa
el vastísimo emporio del váter europeo…
Si es que aún no olvidaste que tu pueblo,
hijo de explotaciones y desprecios,
ostenta el rango de los perdedores,
no insultes a los pobres que llaman a tu puerta,
expulsados del mundo,
pidiendo pan a cambio de trabajo,
aunque hablen de otro modo y tiendan a morenos.



TESTAMENTO

Templa y tensa tu lira, tensador. Tensa la ira
de escalador, la cuerda. Corona la montaña.
Pinta el aire rebelde de estampas nunca vistas
y sostén la paleta afirmado en el barro.
No digas más, no digas que el mundo está bien hecho.
Jamás beses la mano del ladrón que te usurpa.
Tu principal misión es transgredir,
pisar fuerte y preciso en la punta agresiva del zapato impoluto,
cortar la digestión al contubernio del oro y la sotana
eruptando estruendoso a media mesa.
Rehúye el punto medio,
cínica dictadura moral de lo correcto.
Dispara bien tu flecha al centro de la púrpura.
Desprecia la entelequia y a todas las iglesias
que hurtan el pan y te prometen cielo.




ERÓTICA

Llegaste toda piel,
cuerpo encendido
de moras y manzanas.
Y era gozoso respirar por ti
la tibia tarde.

Me sabías –y ahora– dulce y agria…
Yo navegaba a ritmo perdido por tus ojos,
y el sol, como una ardilla,
erizaba la hierba:
te cubría de besos cuerpo arriba…
Después
–impudoroso–
estrechaba tu cintura.

Y supimos entonces que venimos de lejos,
de una prosapia antigua de río en catarata,
y que hay reminiscencias fijas en la mirada
del mundo que nos brota de la infancia violeta,
pletórica de luz,
                           de flores de manzano,
donde de puro claros hay días invisibles.




MADRE

Porque vengo de lejos y cansado,
llamo. Sé que tu viento
acaricia el paisaje.
Sé que tú me disipas
el viejo miedo que me inmoviliza,
la noche aciaga, cuervo y nube ciega
pasando ante la luna.

Te busco en los recodos de afluentes
contra el tiempo encendidos,
y andan sombras violáceas
arandos surcos hondos por mi rostro.

Un día el corazón fue de tus pasos
y de aquel río que arrulló mi infancia.
Era osado contigo.
                               Tu sonrisa
me vestía de fuerza contra todo.

Tú no querías,
                        pero muchas veces
te quedabas callando y como ausente.
Supe luego el dolor de tus desvelos,
el pozo mudo que incubó la guerra,
las cicatrices y las soledades
y la derrota escrita en la mirada
de tantas madres, en las cuencas tristes
de todas las miradas…
Entonces nos guardabas de la sombra
y burlabas la hiel que te comía.
Y nos cantabas (niños)
sé que por no llorar.

Así quería verte para siempre,
leda como fingías y como yo te amaba
cuando tus ojos eran mi universo,
toda manos inquietas, y ahuyentabas
los miedos agachados bajo techos de losa,
dejando en mi alborada
un aroma a segado que perfumaba el mundo.

Por las contraventanas entornadas
aún no bramaba entonces
un viento negro galopando el páramo
para envolver la tierra en tu silencio.
No habías reunido,
                             una por una (todas),
las estirpes remotas de tu sangre.
Y no habías dejado de alentar
para mudarte en el hondón más frío,
madre,
             y enmudecerme.




CARTA DE AMOR CORTÉS

(Evocando al Caballero de la Triste Figura)


Alta Señora mía, Dulcinea:
El herido de ausencia
desde las entretelas del corazón llagado,
te envía la salud que a él le falta.
Es en mí tu desdén afincamiento,
y aun soportando mi sufrir sin queja,
no he de sobrellevar tan grande cuita,
punzante y duradera,
si la tuya hermosura me desprecia.

Por mi buen escudero Sancho Panza,
hallarás relación, ¡oh, amada ingrata!,
del mal estar que por tu causa siento.
Acúdeme, y soy tuyo.
Si me desdeñas, cúmplase tu antojo.
Pues cediendo por ti mi propia vida,
daré satisfacción a tus crueldades
y al fin a mi deseo.




ACRACIA

Ninguén me busque
entre a grea submisa dos pautados.
Fuxo das augas mansas
e aborrezo o cinismo dos mamóns e dos putos,
tan correctos.
Son cada vez máis ácrata.



CANTAREI O MENCER

Direi que nos amamos nun tempo prohibido,
que vulneramos a lei uniformada dos gafos e dos sádicos
e que nos derretemos, baluga de manteiga
ou corpo amado.
Direi que compartimos pan de becerra, duro,
na derrota. Direivos
que endexamais fixemos rendición:
                                              que o sangue aveso
se repuxo ante as poutas da amargura tristísima.
Direi que resistimos a pauliña dos púlpitos
e o retumbar das botas, porque a luz era nosa.
E que nos levantamos co sol de cada día
moito máis afoutados, máis rebeldes e libres.



JAZZ

Vén sentarse a tristeza cabo de ti na silla,
envoltoiro de sombras que te apalpa
ao debruzarse a noite.

As maletas viaxan nas adegas
amontoadas xunta os expulsados:
aínda pesa a lousa dos que se foron novos
para ningún regreso.

Eles dinche que cales cando mentas
o pasado que volve.
A miseria que volve.
A negación que volve.

Na penumbra do cuarto
quéixase a voz de Billie Holiday.


TODAS AS NAIS

A historia foi con elas facendo unha cadea
longuísima de escravas
e foron sucumbindo baixo todos os amos.
Os canteiros puxéronas en cruz
cos nenos moribundos nos seus brazos.

Das xestas silenciosas do meu pobo,
ningunha máis heroica nin máis triste.

Abenzoadas elas, as viúvas de vivos,
as pobres nais, parindo para fóra,
concibindo os seus fillos para o éxodo
sen sequera atetalos.

(Do libro Sobre ruínas, editado por Alvarellos Editora, 2013)






.


No hay comentarios:

Publicar un comentario