domingo, 12 de mayo de 2013

MANUEL ALFONSO ESTÉVEZ [9810]



MANUEL ALFONSO ESTÉVEZ (Fornelos de la Ribera - Salvatierra de Miño, PONTEVEDRA  1.932) es un humilde escritor y poeta en lengua gallega y castellana.

Sobrino nieto de Rogelio Estévez Cambra, notario en Bahía Blanca en Argentina, aprendió a leer y escribir en la escuela pública de San Andrés de Lourido. Estudia en la Escuela Profesional de Comercio, contador, peritaje y profesorado mercantil  y “pintura” con el maestro pintor Colmeiro del que aprende el oficio con unos cien lienzos cuya colección es  particular.

Reportero de El Pueblo Gallego con José María Castroviejo de director colabora en “Orientación Gallega” de Buenos Aires y “Vieiros” de México, formando parte de la tertulia del poeta Celso Emilio Ferreiro con Álvaro Cunqueiro y otros.

Dedicado a su profesión en San Sebastián, colabora con La Voz de España, Unidad y El Diario Vasco, funda cooperativas a las que se dedica por entero hasta su regreso a Galicia, quedando en Ourense al servicio del cooperativismo orensano y colaborando con La Región. En Vigo, con Faro de Vigo, Diario Atlántico y Siglo XXI. Dispone del blog Condado de Salvatierra de Miño en el que escribe temas de su tierra y alguna que otra poesía. En estos momentos tiene preparados para su publicación varios libros.

Web: www.condadodesalvaterradominho.es





A CEPA MURCHA

Coas follas amarelas
do inverno e ramas curvas,
Vencida
polos anos de Nai
noutro tempo que
ninguén lembra, veño
tódalas tardes a
sentarme na eira
da casa: e gústame
ver as cores e
riberetes follas
brillantes, cando
o crepúsculo se abate
e o vento zoa
o borde do rueiro do Casco
e contemplo
a “camelia” que
aínda existe.






NOITE TRISTE

Silenciosamente chove en Vigo,
As pálidas rameiras se consumen,
E cando as doce
Tocan os seus zapatos,
Como as chaves
Rizadas
Van e veñen
Pola  Beiramar,
Polo “Mar de Vigo”.
¿Que faremos coas sobras de tanta
Fémina “mimada”?,
Cando o amañecer ábrese
Un gran peito, algún suspiro
Acaso
Unha desgraza.
¡Que faremos, amigos!







PARADOXA DA MIÑA VIDA

¿Quen son eu?
Isto que é tan fráxil
Tan inerte e minúsculo
Centro do meu universo
Este, son eu, que respira,
Ar diáfano.
Este son eu
Ameazado
Por todas partes
Coas cousas que amo
E que non podo defender
Mais “aló” dun mesmo,
Ne sequera neste blog.






AMAR SOIO O DIÑEIRO

Amar o diñeiro, é o amor primeiro,
i é o amor primeiro antes que Deus;
E si é crucificado e verdadeiro,
Xa é un so amor, xa non son dous.

Amar o diñeiro ata xogarse enteiro,
Do puro patrio,ben común en pos,
E afrontar a marusía e vento fero;
Iso se inscribe o crédito de Deus.

Deus o que non se ve. Deus insondable,
De todo o que é bo, escuro abismo,
So visible pola escura fe.

Pódese amar, por moito que de el
Se fale
Do fondo do seu xélido egoísmo,
¿ Quen  é capaz de amar
Pensando so no diñeiro?.







SEÑOR...

Señor: que me miras,
¡Mírame un pouco!
Eu teño unha pobreza para vostede
É para min,
Limpa,
Ben disposta:
Vale corenta
douna por dez.

Señor: Que non me lembras,
Búscame un pouco.
Búscame a sorte,
¡Non te deteñas!
Vendo a pobreza:
¡que cousas pasan no mundo!

Señor: Vostede ten auga,
Eu teño sede.
Vostede ten cáscara
De Deus:
Súa fe no ceo
E tamén a súa mala fe:
Ten todo menos pobreza.
Se non ma merca
Chorará despois.

Non fago propaganda:
Quizais lle guste,
E a coloque a cen.

Pobreza sen probes,
os probes non cheiran ben.

Pobreza abstracta,
Sen farrapos;
Pobreza pulcra,
Nobre dereito,
Nobre o revés.
Pobreza limpa
Para ser contada,
Despois do sobremesa
E antes do café.

Señor: Que non me miras,
¡mírame un pouco!
Teño a miña pobreza
Para vostede.
¡Mellor non a vendo!
¡Mellor a regalo
Por última vez!









No hay comentarios:

Publicar un comentario