viernes, 13 de julio de 2012

7256.- FRAN ALONSO



Fran Alonso
Francisco Alonso Villaverde, nado en Vigo o 27 de xuño de 1963, é un escritor galego.
Es licenciado en Filología Gallego-Portuguesa por la Universidad de Santiago y realizó estudios de postgrado en Literatura Infantil en la Facultad de Ciencias de la Educación de Cuenca. Formó parte de la redacción de Diario 16 de Galicia, donde fue coordinador de la sección de Cultura. En 1996 presentó un breve espacio dedicado a los libros en la televisión local de Vigo. A principios de los años 90 fue fundador y animador, junto con otros dos escritores, de un proyecto editorial alternativo llamado Edicións do Dragón. Posteriormente se vinculó al ámbito de la edición, en el que actualmente ejerce su actividad profesional. Desde 1992 trabaja en Edicións Xerais de Galicia, primero como coordinador de edición, y desde el año 2000 como subdirector para la Edición General, formando parte del equipo de dirección de Xerais. Como editor, creó y dirigió la colección «Ablativo Absoluto» de poesía y en la actualidad dirige la colección «Abismos». Como escritor, publicó más de una docena de libros y fue galardonado con diversos premios literarios. En la actualidad es colaborador habitual del periódico La Voz de Galicia y del semanario A Nosa Terra.

Obras

Narrativa

Tráiler, 1991, Edicións Xerais.
A lúa no probador, 1992, Diario 16 de Galicia.
Cemiterio de elefantes, 1994, Edicións Xerais.
Silencio, 1995, Nigra, reeditada cun relato inédito en 2001 por Edicións Xerais.
Males de cabeza, 2001, Edicións Xerais.
Ninguén, 2011, Edicións Xerais.

Literatura infanto-xuvenil

Cidades, 1997, Edicións Xerais (Ilustracións de Pablo Otero Rodríguez "Peixe").
O brillo dos elefantes, 1999, Edicións Xerais (Ilustracións de Luis Castro Enjamio).
A casa da duna, 2002, Edicións Xerais.
O brillo dos elefantes, 2006, Edicións Xerais.
Cartas de amor, 2006, Edicións Xerais.
Poetízate. Antoloxía da poesía galega, 2006, Edicións Xerais.
A vida secreta de María Mariño, 2007, Edicións Xerais (Ilustracións de Fino Lorenzo).
A araña e máis eu, 2009, Kalandraka.
Folerpas de Novoneyra, 2010, Edicións Xerais.
O meu gato é un poeta, 2011, Edicións Xerais.

Crónica

Territorio ocupado, 1998, Edicións Xerais.
Un país a medio facer, 2008, Edicións Xerais.
Contesta ou disparo, 2011, publicado en internet. Libro de entrevistas.

Poesía

Persianas, pedramol e outros nervios, 1992, Alacrán Poesía.
Tortillas para obreiros, 1996, Espiral Maior.
Subversións, 2001, Edicións Xerais.
Balada solitaria, 2004, Edicôes Eterogémeas.
Transición, 2011, Franouren.

Obras colectivas

Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989), 1990, Edicións do Castro.
O mar de adentro, 1990, Edicións do Dragón.
Homenaxe a Miguel González Garcés, 1991, Deputación da Coruña.
A rota dos baleeiros, 1991, Edicións do Dragón.
XV Festival da Poesia no Condado, 1995, S. C. D. Condado.
Relato contemporáneo, 1995, Edicións Xerais.
Construír a paz, 1996, Edicións Xerais.
Narradores de cine, 1996, Edicións Xerais.
Unha liña no ceo, 1996, Edicións Xerais.
Bestiario, 1998, Edicións do Dragón.
dEfecto 2000. Antoloxía de poetas dos 90, 1999, Letras de Cal.
Mini-relatos, 1999, Libraría Cartabón.
Contos para levar no peto, 2001, Xerais.
Ninguén está só, 2001, Editorial Tris Tram.
Palabras con fondo, 2001, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
Longa lingua, 2002, Edicións Xerais.
Materia prima: relatos contemporáneos, 2002, Edicións Xerais.
Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney.
Narradio. 56 historias no ar, 2003, Edicións Xerais.
Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
Xela Arias, quedas en nós, 2004, Edicións Xerais.
X. Espazo para un signo, 2005, Edicións Xerais.
Historias para ler e mirar, 2007, Xunta de Galicia.
O son das buguinas, 2007, Edicións Xerais.
Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz, 2008, Edicións Xerais.
Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís, 2011, A Nave das Ideas.

Traducións

A aventura sorprendente dun homiño moi valente, de Hans Traxler, 2007, Xerais.

Premios

Premio Curuxa Literaria en 1990 polo relato O mañá depende de nós.
Premio Blanco Amor en 1991 por Tráiler.
Premio Rañolas de Literatura Infantil e Xuvenil en 1997 por Cidades.
Premio Losada Diéguez en 1999.
Accésit do Premio Lazarillo de Literatura Infantil do Ministerio de Cultura en 1998 por Cidades.
Mención na Lista de Honra da revista CLIJ.
Premio Xosé Neira Vilas ao mellor libro infantil no 2009, por A araña e mais eu.
Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro infantil no 2011, por O meu gato é un poeta.




En Ramala


En Ramala,
Mahmud Darwix ollou para os seus libros
por vez derradeira.
Tiña a intuición
de que nunca máis os volvería ver;
a derradeira
alí era demasiadas veces
derradeira,
demasiadas veces,
a derradeira.
Pechou a porta da súa biblioteca
e sentiu o último alento da morte
derradeira.
E así foi,
a derradeira.

(Do libro ‘Ofrenda dos poetas galegos a Palestina’. Fundación Araguaney, 2003) 







Poemas


Comunicabas, cando yo te hablaba
de los mil teléfonos que tiene la vida.
Intermitentemente, comunicabas
y, a veces, no contestabas.
No reconocías la señal.
Y cuando te llamaba, de habitación a habitación,
de lecho a lecho, de sábana a sábana,
o de boca a boca, comunicabas,
intermitentes, estraños sonidos
de mudez y ausencia.

(De Persianas, pedramol e outros nervios, 1991)





Comunicabas, cando eu che falaba
dos mil teléfonos que ten a vida.
Intermitentemente, comunicabas
e, ás veces, non contestabas.
Non recoñecías o sinal.
E cando te chamaba, de cuarto a cuarto,
de leito a leito, de saba a saba,
ou de boca a boca, comunicabas,
intermitentes, estraños sons
de mudez e ausencia.

(De Persianas, pedramol e outros nervios, 1991)






Secuencia B

De la sístole a la diástole
hay sueros, venas, osígeno, sangre, alguna transfusión,
hígados de cartón con sondas que abren la piel.
Condición de muerte, jaleo de enfermeras
de las mil mareas que todos los días me electrocutan vida,
en proporciones suficientes para que yo subsista
en las camas acáricas de este hospital.
Hay ventanas, alturas, vértigos tentadores y una ría al fondo
comida por la urbe que ya apenas veo.
Transcurre el día entre dolores, el olor del serrín,
suicidios interiores de enfermedad febril.
Las noches, contracción de insomnio y dolores de cabeza,
el pensamiento en prelavado,
y una cosa hepática, o renal o pulmonar
que confabula en mi y acompañante,
y los médicos decretan insuficiencia respiratoria.
Como, engullo, devoro asepticamente los alimentos que
cada vez más me tienden la mano hacia la muerte.
Toso entre estertores y pienso tortillas de bogones
que me hacía mi madre cuando mi cuerpo vivía .
Dificilmente combato esta pálida palidez que me devora
en las interminables mañanas de termómetros y esperas.
Consciente voy siendo de mi condición de bicho, cebo o gusano
de ese anzuelo azul al que llaman muerte y que me va preparando
los tendones para que sepan de la hora de la derrota.
En todo hay un algo de neurológico, incierta ansiedad,
corrupción de la mente devastada. Pero en cada parte médico,
en cada veredicto sanitario, en cada principal efecto secundario
vive un anuncio de estiércol, de ecuadores y vértices,
que presagian el fin de tanto roscón, de rosquillas y silleiros.
Y en la vigilia de los que me cuidan, ellos todos, en la suya propia,
hay algo de horror inesperado, de terca morbosidad,
de locura instintiva de la desesperación.
Son los síntomas de una larga gónica agonía,
los pinchazos secos en la arteria vencida.
Por más que maldigo los sueros que poco a poco
me van llenando el cuerpo de viruta.
Por más que me revelo contra la sangue que se me hincha y seca
hasta explotarme en las cavidades de los ojos y en el incendio de la frente.
Por más que rechazo sístoles, vigilias y medicación
que me alteran el ritmo nervioso y la respiración.
Por más que el sudor se apodera tambien de las sabanas, de las paredes,
e incluso de los estertores del pobre manuel,
pobre manuel, que delira en la cama contigua.
Por más que hijos, amigos, y mi propia figura
me miran con los ojos sondados de impotencia.
Por más que escuche los ecos -patéticos- del televisor
procedentes de la 708, y de la 713, y de la 701
y de cualquier habitación y
por más que todos se obstinen en que no estoy solo.
Por más que los recuerdos sean más dulces que nunca
e intente inutilmente para la boca atraer la tibieza
de las huevas, de la sangre y de las filloas,
figadeira que en otro tiempo me dió felicidad.
Por más que lo quiera.
E incluso sin quererlo, porque ya no hay estropajo que haga barricada.
Siento como la muerte respira debajo de la cama,
y trepa por las sabanas, y me ronda los ojos,
y quiere despertarme entre toses y ruptura del ritmo cardíaco.
Siento como me golpea las sienes, como me penetra las vísceras,
como hace metástase, como envenena el suero, como alienta sobre mi,
fetidamente, como me destroza el hígado, como me vence,
tan fatalmente, tan inevitablemente, talmente
una espiral de pedramol, bilis de alacrán, cucarachas aplastadas
para siempre.
Para siempre, es decir, nunca,
que aquí acaba todo.

(De Tortillas para os obreiros, 1996)




Secuencia B

Da sístole á diástole
hai soros, veas, osíxeno, sangue, algunha transfusión,
fígados de cartón con sondas que furan a pel.
Condición de morte, rebumbio de enfermeiras
das mil mareas que todos os días me electrocutan vida,
en proporcións abondas para eu subsistir
nas camas acáricas deste hospital.
Hai ventás, alturas, vértigos tentadores e unha ría ao fondo
comida pola urbe que xa a penas vexo.
Transcorre o día entre dores, o cheiro do serrín,
suicidios interiores de enfermidade febril.
As noites, contracción de insomnio e dores de cabeza,
o pensamento en prelavado,
e unha cousa hepática, ou renal ou pulmonar
que confabula en min e acompañante,
e os médicos decretan insuficiencia respiratoria.
Como, engulo, devoro asepticamente os alimentos que
cada vez máis me tenden a man cara á morte.
Tuso entre estertores e penso tortillas de bogóns
que me facía a mamai cando o meu corpo vivía.
Dificilmente combato unha palidez loura que me devora
nesas interminables mañás de termómetros e esperas.
Consciente vou sendo da miña condición de becho, sebo ou besbello
dese anzol azul ao que chaman morte e que me vai preparando
os tendóns para que saiban da hora da derrota.
En todo hai un aquel de neurolóxico, incerta ansiedade,
corrupción da mente devastada. Pero en cada parte médico,
en cada veredicto sanitario, en cada principal efecto secundario
vive un anuncio de estrume, de ecuadores e vértices,
que presaxian a fin de tanto boleardo, de rosquillas e silleiros.
E na vixilia dos que me coidan, eles todos, na súa propia,
hai algo de arrepío inesperado, de terca morbosidade,
de loucura instintiva da desesperación.
Son os síntomas dunha longa gónica agonía,
as picadas secas na arteria vencida.
Por máis que maldigo os soros que pouco e pouco
me van enchendo o corpo de viruta.
Por máis que me revelo contra o sangue que se me incha e seca
ata estouparme nas cuncas dos ollos e no incendio da fronte.
Por máis que rexeito sístoles, vixilias e medicación
que me alteran o ritmo nervioso e a respiración.
Por máis que a suor se apodera tamén das sabas, das paredes, e
mesmo dos estertores do pobre manuel,
pobre manuel, que delira na cama contigua.
Por máis que fillos, compañeiros, e a miña propia figura
me miran cos ollos sondados de impotencia.
Por máis que escoite os ecos –patéticos– do televisor
procedentes do 708, e do 713, e do 701
e de calquera cuarto e
por máis que todos teimen en que non estou só.
Por máis que as lembranzas sexan máis doces ca nunca
e tente inutilmente para a boca atraer a morneza
das bragadas, do sangue e das filloas,
figadeira que noutrora me deu felicidade.
Por máis que o queira.
E mesmo sen querelo, porque xa non hai esparto que faga barricada.
Sinto como a morte respira debaixo da cama,
e rube polas sabas, e me ronda os ollos,
e quere espertarme entre tusidos e ruptura do ritmo cardíaco.
Sinto como me golpea as tempas, como me penetra as vísceras,
como fai metástase, como envelena o soro, como alenta sobre min,
fetidamente, como me destroza o fígado, como me vence,
tan fatalmente, tan inevitablemente, talmente
unha espiral de pedramol, bile de alacrán, cascudas esmagadas
para sempre.
Para sempre, quer dicir nunca,
que aquí remata todo.

(De Tortillas para os obreiros, 1996)






Abuela, ¿que son esas cruces?
Son, hijo, la marca del crimen, de la infamia y la luz
taquigráfica que levanta acta para el auditorio
de la historia. Ah, que bajo hablas, abuela.
No levantes la voz, niño, que no tendrás palabras
para tus versos. No importa, abuela, ahora lo sé;
es una historia cobarde de horror y de espanto
con el silencio del mar, testigo de cargo, azotando
la pena sobre las piedras, entre la niebla de un cabo:
cabo castigo, cabo tristeza, cabo roca con un
ejército necrófago, oficiando en la carretera las cunetas
de la Bombardeira. Las cruces son las cicatrices
de la tierra, el grito anónimo que se convierte en rapsoda
de la tragedia desde aquel amanecer de octubre del 36,
cuando unas manos rasgan el suelo y serigrafían
el recuerdo que ahora se abraza en el árbol de los héroes.
¿Y quien las hace, abuela? La gente, que no se hacen solas
y no levantes la voz, niño, que no tendrás palabras
para tus versos. Ah, son las huellas de la rabia,
de la rebelión que perpetúa al viento la memoria como
una zanfoña. Las cruces, nueve; una por cada cuerpo sin vida:
nueve en Vuelta de los Nueve. Nueve para conjurar la infamia y
convocar a las víctimas: Manuel, Felicísimo, Gonda,
Lijó, Rei Chiquito, Fidel, Pelonio, Ferreiro
do Burgo, Generoso. ¿Y la música, abuela? Son las
voces de los presos de Oia, que cantan con la tripa y
no levantes la voz, niño, que no tendrás palabras
para tus versos. Son nueve, abuela, nueve imborrables
cruces con nombres de goma, nueve gotas con que
la acordanza grava el metraje inmedible de un crimen
impune. Escucha, abuela, son las cruces las que levantan
la voz, y su eco de sangre resuena más allá del dolor,
más allá del miedo, más allá del mar, más allá del tiempo.

(Inédito, 2006)






Avoa, que son esas cruces?
Sonche fillo, a marca do crime, da infamia e a luz
taquigráfica que levanta acta para o auditorio
da historia. Ah, que baixo falas, avoa.
Non levantes a voz, neno, que non terás palabras
para os teus versos. Tanto ten, avoa, agora sei;
é unha historia covarde de horror e de espanto
co silencio do mar, testemuña de cargo, batendo
sobre as rochas e as penas, entre a brétema dun cabo:
cabo castigo, cabo tristura, cabo rocha cun
exército necrófago, oficiando na estrada as cunetas
da Bombardeira. As cruces son as cicatrices
da terra, o berro anónimo que se converte en rapsoda
da traxedia desde aquel mencer de outubro do 36,
cando unhas mans riscan o chan e serigrafían
a lembranza que agora se abraza na árbore dos heroes.
E quen as fai, avoa? A xente, que disque non se fan soas
e non levantes a voz, neno, que non terás palabras
para os teus versos. Ah, son as pegadas da rabia,
da rebelión que perpetúa ao vento a memoria coma
unha zanfona. As cruces, nove; unha por cada corpo sen vida:
nove na Volta dos Nove. Nove para esconxurar a infamia e
convocar as vítimas: o Manuel, o Felicísimo, o Ghonda,
o Lijó, o Rei Chiquito, o Fidel, o Pelonio, o Ferreiro
do Burgo, o Generoso. E a música, avoa? Son as
voces dos presos de Oia, que cantan coa tripa e
non levantes a voz, neno, que non terás palabras
para os teus versos. Son nove, avoa, nove imborrables
cruces con nomes de goma, nove pingas con que
a acordanza grava a metraxe inmedible dun crime
impune. Escoita, avoa, son as cruces as que levantan
a voz, e o seu eco de sangue érguese máis alá da dor,
máis alá do medo, máis alá do mar, máis alá do tempo.








No hay comentarios:

Publicar un comentario