viernes, 8 de agosto de 2014

ROSALÍA FERNÁNDEZ RIAL [12.746]



Rosalía Fernández Rial 

(Carballo-Muxía, A Coruña, 1988)

Rosalía Fernández Rial (Carballo-Muxía, 1988) é, sobre todo, escritora, en especial de poesía. Aínda que tamén se licenciou en Filoloxía e se está doutorando en Ciencias da Educación, ao tempo que continúa a súa formación en arte dramática, despois de ter participado nalgún proxecto teatral. Esta última faceta combínaa, asemade, coa escrita, levando os seus versos a escena mediante propostas musicais, pictóricas e performánticas.

Ten publicados varios poemarios individuais; En clave de sol (2009), Átonos (2011), Vinte en escena (2012) y Ningún amante sabe conducir, publicado por Edicións Positivas; unha guía poética pola Costa da Morte en colaboración con Xan Fernández, titulada Un mar de sensacións (2012) e relatos curtos en volumes colectivos, como Follas de Carballo (2011). Ademais, participa con artigos no xornal dixital Praza Pública.


Fantasía

Viven para escoger,
mueren
en cuanto eligen la primera etiqueta.
Si creces con ellos
te ofrecen  alternativas de ocasión.
Así vas vistiendo
sus féretros cerebrales
y empiezas
la carrera de difunto.
A mí nunca me gustaron
las opciones humanas;
por eso inventé
otra forma de existencia.
Mi planeta es el malabar
que siempre está en el aire;
ese acorde imposible de sostener;
el color de un fuego de artificio;
el infarto de los orgasmos.
Yo habito lo que imagino;
soy el capitán trashumante
de mis fantasías.
Hoy sólo tengo
los versos que soñé,
por lo que haré noche
en este poema. 

Vinte en escena. Edicións Positivas, Santiago de Compostela, 2012.
Versión de  Andrés Vara




Fantasía

Viven para escoller;
morren
en canto elixen a primeira etiqueta.
Se medras con eles
ofértanche alernativas de ocasión.
Así, vas vestindo
os seus féretros cerebrais
e comezas
a carreira de defunto.
A min nunca me gustaron
as opcións humanas;
por iso inventei
outra forma de existencia.
O meu planeta é o malabar
que sempre está no aire;
ese acorde imposible de soster;
a cor dun fogo de artificio;
o infarto dos orgasmos.
Eu habito o que imaxino;
son o capitán transhumante
das miñas fantasías.
Hoxe só teño
os versos que soñei,
polo que farei noite
neste poema.




ESCENA VII: (esquina)

As esquinas da rúa
que fago pola noite
son as proas da cidade.
Eu, o máis fermoso mascarón.
Nacín madeira de serea;
o meu canto fuma
rosas dos ventos
en solapas descoñecidas.
Desorientadas xa.
E os peixes que teño nos beizos
Coñecen
todos os buratos do suburbio.
Porque cada crepúsculo
atracan, nas miñas costas,
demasiados barcos desnortados.
Din que me movo
en danza oceánica;
que bico coa vertixe do nordés.
Comprenden que cobre
por fabricar amor.
Pero ninguén  sabe
con cantos piratas
teño que deitarme
antes de poder durmir.

Vinte en escena









PULSO 4

O silencio berra nos teus ollos
como un solo de baixo introvertido.
Podo descifrar as notas que calas
e adozalas con trinos imposibles.
Podo inventar un pentagrama en branco
para agochar os teus segredos.
Pero prefiro agardar
Sentir como te achegas…
A túa lingua fala sen palabras
coa palleta dos meus beizos,
e a nosa canción soa dentro de min,
marcando o ritmo dun corazón enmudecido.
Apaga a voz
e dime que esta noite non vai amencer.

En clave de sol





GÚSTO-NOS

Agarda!
Estamos atados
pola mesma lingua,
enredados en idéntica
papila gustativa.
Vibra. Bebe o ruxir
que nos deglute sen tragar.
Brinca o lume loiro
da fala lene.
Pero agarda.
Non rompas o compás.
As palabras de sabores
sóñannos saltos imposibles
sobre ápices entrelazados.
Podemos ser traficantes de padais
ou afinar o asubío desta serpe.
Podemos chuspir letras amargas;
sentir o doce tombo
dos beizos salgados.
E o bico barbitúrico da lúa.
Podemos protexer ós fuxitivos.
Mais agora agarda.
A única fronteira
é a nosa lingua de area. No horizonte.

Átonos








No hay comentarios:

Publicar un comentario