sábado, 9 de agosto de 2014

ELVIRA RIVEIRO TOBÍO [12.759]


Elvira Riveiro Tobío 

Nació en Pontevedra (1971), actualmente reside en Vigo. Cursó estudios de Filología Gallego-Portuguesa en la Universidad de Santiago y de Magisterio en la de Vigo. Ha trabajado como profesora de lengua, literatura y cultura gallegas en la Universidad de Vigo, así como en la enseñanza primaria, secundaria y para personas adultas.

Su actividad pública como escritora se había iniciado en la internet a partir del año 2003, pero su debut en papel vino de la mano de Andar ao leu (2005). Seguidamente obtuvo XVII Premio de Poesía Rosalía de Castro de Cornellà (Barcelona) por una serie de poemas que enseguida verían la luz incluidos en Arxilosa (2005). En 2007 fue finalista del Premio Merlín de literatura infantil con el conjunto de poemas monovocálicos Palabras brancas (Premio ?Xosé Neira Vilas? de la Asociación Galega de Editores al mejor libro infanto-juvenil del año). En 2009 sale Biografía de la Multitud, II Premio Victoriano Taibo de poesía y escrito a cuatro manos junto con Silvia Penas. Sus dos últimos títulos obtuvieron igualmente su respectivo galardón: el premio de poesía erótica Illas Sisargas por carnia haikai (2012) y el XVII Premio Avelina Valladares por corpos transitivos (2013). Hay textos sueltos de ella repartidos por diferentes publicaciones periódicas, libros colectivos y numerosas antologías. Interesada en la poesía experimental y confluente con otras artes, mantuvo en el portal culturagalega.org una sección de poesía visual, y actualmente participa en el espectáculo poético-musical Tristecentos versos (canda a dj Carina Posse y los poetas Silvia Penas y Xabier Xil Xardón). Además, junto con la artista alemana Carina Posse, ha hecho incursiones en la videopoesía, la performance y la acción poética multimedia.




nocturno

foise a hora dos recolledores de lixo
un estrondo frío
un ronsel de pestilencia
bolboretas mortas
a deshora
como a comitiva fúnebre do amor

unha cadela vagabunda ouvéalle ao baleiro
que deixa o lixo nas canellas
devora os corazóns arrincados
que escorregan do camión
dorme e soña cos amantes mortos
que lle serven de alimento cada noite
co camión dos recolledores de lixo
coa comitiva fúnebre do amor
traba-lingua

lingua limacha largacía
lingua lique guerla
con gula
lingua limo lento lingam engole
lingua lagarta buliga
gabea
gurgulla
lingua lombriga
o seu gume auga gorece
legado de gozo o seu ámago longo
bífida ou lambeteira
anguía ou londra
lingua gulosa
lingua lábil
cunnilingua





PAlAbrAs brAncAs de Elvira Riveiro Tobío.

Este es un poemario construido únicamente con palabras que sólo contienen la vocal "a". Y aún con ese déficit de vocales los poemas resultantes están llenos de musicalidad, ritmo y buena literatura. Leerlos en voz alta es una gozada. Para muestra, un poema (que no un botón :P) :

- Mamá, papá: as palabras danzan?

- As palabras danzan
a danza das algas,
as palabras cantan
samba nas gargantas,

as palabras saltan
nas camas, tras as sabas,
as palabras van
das carballas ás sabanas,
ar nas bafaradas,
mar das balandras:
as palabras.

...
As palabras mancan,
as palabras sandan.







(1)


o bordo desapareceu
o mesmo día en que fomos expulsad@s

Elvira Riveiro Tobío
do sofá
o bordo da casa
do territorio
o bordo do corpo
que agora vaga nómade sen servizos informativos
aos que aferrarse
e sen bordos
como non sucumbir á vertixe?
a terra
a terra é un cadullo inmenso
e xa sen nome
un órgano cirrótico contra a evidencia
que traïamos nas enciclopedias
a terra é vasta de máis desde
o día
en que fomos expulsad@s do sofá



(2)


na lingua acumulo sinais do estrago
resisto a acritude
e envío

a esperanza non me seduce

mesmo na fraqueza
que delata o preámbulo da vellez
incluso na desidia amoreada entre as sabas
ou no cansazo
mesmo no receo podo constatar coa firmeza que dá o inchazo
das bochas nunca cauterizadas que
a esperanza
monstro inútil
non me seduce





(3)


o futuro perténcenos
a súa ignorancia
é a nosa mellor aliada

vostedes non saben
do que somos incapaces



(Do libro Corpos transitivos. XVII Premio Avelina Valladares. Edicións Fervenza.2013)






                              
porque eu era unha nena                           
e chorei tanto                           
coma o día que asfaltaron o camiño                          
e xa non se podían enterrar as catiuscas no xabre lamacento                          
e cubriron con piche a casa do grilo que cantaba sempre á tarde                           
para escarnio de toda a caste principesca dos ortópteros                         
e foi un ano que houbo                           
superávit de serradela e desconsolo




                                       
21 de marzo
                                  
atroz o cometido do espello                                   
a ollada escrutadora                                      
teimoso o zoom impertinente
                                     
espelliño asasino máxico                                   
quen non mente?                                   
espelliño olláparo asegura                                  
que se me abren sucos de versos en ruínas pola cara                                  
sinais do seu silencio no fondo da garganta
                                
é o día mundial da poesía                                   
e eu cos poemas                                  
rebentándome as tripas





Amar o mar  
                                       
Ela deita correolas pola boca
sentada na cociña
debuxa caranguexos e o seu nome                                  
no vidro embazado do amencer
a xanela pendura no tendal
terríbeis muros de ladrillos devastados                  
un quintal cheo de estrugas
un gato obeso
uralita nos tellados
o voo se callar dunha gaivota
Ela acolle un bígaro moribundo en cada orella
mais hai seráns
case sempre son de outono
que lle entra fame de marea
apetito de xuncas argazos lavacáns
e vai ter coa praia ás agachadas
tira bragas 
sostén 
engole as ondas
nácenlle pés de Alfonsina
latexo de cetáceo
devala




No hay comentarios:

Publicar un comentario